Esquerda Unida
191 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
👉🏻 Lembrade que hoxe ás 21h. estaremos con Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta da Mesa do Parlamento, denunciando a insuficiencia de persoal e a necesaria ampliación das Urxencias do centro do #Porriño. https://goo.gl/pDpNQN

👷🏼Hoxe volven as folgas do metal. Ás 12h. estaremos na concentración ante a sede da patronal, na Praza Luís Seoane (A Coruña), no aparcadoiro do campo de fútbol da Gándara (Ferrol) e na explanada da Asociación de Empresarios do Tambre, no polígono do Tambre (Compostela). A folga repetirase os días 4 e 5 de xullo.

🎥 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defende na Comisión de Economía a PNL relativa ao proceso de absorción do Banco Pastor por parte do Banco Santander. Ver en directo: https://goo.gl/MLtUPB
📢 Este domingo 4 de febreiro #4F saímos ás rúas en #Compostela para berrar #NonÁLeideSanidade e en defensa da nosa #SanidadePública, universal e gratuíta, tan maltratada polas políticas da dereita.
📸 Este domingo saímos ás rúas a prol da nosa #SanidadePública, na manifestación convocada pola Plataforma #SosSanidadePública. Podedes ver todas as fotos dende a nosa canle de Facebook: https://goo.gl/afY87x

‼️ Galicia tardaría 24 anos en recuperar o emprego de 2008 ao ritmo actual. O explica o deputado de En Marea, Manuel Lago, dende: https://goo.gl/H3i48c

🌊 Marea de Vigo cualifica como “exercicio de irresponsabilidade” o non ter levado a cabo xa un dispositivo de frío para as persoas que viven nas rúas e pide a súa activación inmediata. Ler en: https://goo.gl/yhvKtY
📣 Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización de mañá xoves 24 ás 20 horas en #Vigo, xunto a Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, “Por Unha Sanidade Pública Digna”, que sairá dende o PAC de Vigo (Antigo Hospital Xeral), ás 20 horas.

🐤 Máis, dende as nosas redes: https://goo.gl/AroxfW

👉 Lembra que hoxe, no local da #MareadeVigo, estaremos a falar de propostas sobre a municipalizacion de servizos municipais coma a ORA e o Guindastre, atendendo á experiencia que puxo en práctica o Goberno de #Compostela. https://goo.gl/jYBEnP

🎥 Dende a Comisión de Cultura do Senado, Vanessa Angustia lembrou que "a tauromaquia xera espazos de violencia, non é cultura; é violencia. Este sector, ademais de non ser rentable, está reprobado ética e moralmente", sentenciou. Máis en: https://goo.gl/u1hzfc

🌊 No Pleno do Congreso, a voceira de En Marea, Yolanda Díaz, vén de defender que “grazas á loita das e dos pensionistas o acordo co Goberno permite a revalorización das pensións. Tamén conseguimos o incremento das pensións máis baixas e melloras para as viúvas e traballadoras do fogar”. Máis en: https://goo.gl/HnwJvw
📺 Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar na mobilización galega deste domingo en #Compostela para denunciar o desmantelamento da nosa #SanidadePública por parte do PP. Non perdas o vídeo en: https://goo.gl/BgvvcU

Luz verde á proposta de En Marea, defendida por Eva Solla en Comisión, para que a Xunta traslade a base do 061 da Estrada ao carón do novo centro de saúde en obras. “Non se entende que a ambulancia teña que perder 15 minutos en ir recoller persoal ao PAC”. Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/hTC5WB

🐾 Vanessa Angustia levou hoxe ao pleno do Senado a denuncia da promoción da tauromaquia e da caza e defendeu políticas de protección do noso medio rural: https://goo.gl/T6S6KQ

🏭 A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de esixir que se garantan os 700 postos de traballo directos e 2000 indirectos na #Coruña e #Avilés de #Alcoa #AlcoaNonSePecha. Ver en: https://goo.gl/bREKCN
Hoxe luns ás 17 horas estaremos en #Vigo analizando a situación da #SanidadePública.
Non faltedes! ☺️
Súmate en: https://www.facebook.com/events/819191331770744/
Forwarded from Esquerda Unida de Vigo
🏥Lembrade, este xoves 12 de maio volvemos saír á rúa en defensa dunha #SanidadePública de calidade.

📣Vémonos ás 20h desde o PAC na rúa Pizarro.
Hoxe, de novo en todas as cidades e vilas de Galicia, sairemos á rúa para defender a #sanidadepública e a atención primaria.

Contra as políticas privatizadoras do PP, mobilización. ✊🏻✊🏻✊🏻