Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
👉Nas rúas, co persoal de #Alcoa, defendendo os seus postos de traballo. O Ministerio de Industria e de Traballo ten que paralizar o #ERE. #AlcoaNonSePecha
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, participa esta tarde na marcha do persoal de Alcoa.
‼️🏭 Hoxe estaremos na marcha obreira dende a fábrica de #Alcoa ata a Delegación do Goberno. Ás 18 horas unirémonos na praza da Palloza co persoal. 400 postos de traballo en xogo na Coruña e 300 en Avilés. #AlcoaNonSePecha Imos!
Máis, dende as nosas redes: https://goo.gl/zugVJs

👷 📣 Esta tarde, en #Compostela e #Vigo, estréase ‘Lo posible y lo necesario’, o documental que narra a historia de Marcelino Camacho, da súa compañeira Josefina Samper, das súas familias e das e dos compañeiros que compartiron a xusta e comprometida loita a prol da liberdade. Fundamental filme e necesario fronte á desmemoria. #ParanonPerder
Toda a info en: https://goo.gl/fWGEzB
🏭 Esiximos o mantemento dos empregos para o persoal de #Alcoa en #Coruña e #Avilés, así como do tecido produtivo do noso país. Esta tarde, berrando máis que nunca: #AlcoaNonSePecha ✊️
🔻 Estamos coas traballadoras do sector dos elaborados do mar, que traballan moitas horas en condicións moi duras e cun salario que non chega aos 800 euros ao mes

✊️ Dende Esquerda Unida condenamos a intervención policial contra as traballadoras de elaborados do mar e esiximos que a Xunta escoite as súas demandas. Por un convenio colectivo digno. Forza! Ver vídeo en: https://goo.gl/7TpgGW

🏭Yolanda Díaz esixe no pleno a paralización absoluta do ERE de #Alcoa e que se defenda ao persoal. “Pedimos ao Goberno que defendan aos traballadores de Alcoa e ás súas familias. Asturias e Galicia están en pé, non piden boas palabras, piden que exerzan como Goberno progresistal”, asegurou Díaz. Máis, na nosa web: https://goo.gl/PUzGsW

🎞Se estás na #Coruña non perdas o documental sobre a vida do camarada Camilo de Dios e de todas esas heroínas que se enfrontaron ao fascismo! #FascimoNuncaMáis #ParaNonPerder https://goo.gl/YL3Vax
📣 Esta mañá, o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez falou en rolda de prensa da importancia de estar nos barrios e parroquias para falar de urbanismo e da ordenación provisional tras a anulación do #PXOM. Xa podes seguir toda a actualidade dende a súa canle de #Telegram: https://t.me/rubenperezcorrea

🌊 Neste pleno, a vicepresidenta da Cámara e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de reclamar solucións urxentes ás graves carencias que atravesan as os servizos de urxencias dos hospitais galegos e ante as que, a pesar das mobilizacións e folgas impulsadas polo persoal sanitario, a Consellería fai ouvidos xordos. Máis información, na nosa web: https://goo.gl/K7mufp

🗞 Sabías que a metade da sociedade galega obtivo ingresos de menos de 12.000 euros brutos anuais no 2017? Ben porque o seu salario é baixo, ben porque traballaron só uns meses ou ben porque a súa pensión é baixa. Non perdas o artigo do deputado de En Marea, Manuel Lago, en: https://goo.gl/KyWVK1

📺 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, estivo esta mañá no programa Bos Días da TVG, onde falou da importancia de contar cun sector estratéxico como #Alcoa #AlcoaNonSePecha, así como garantir milleiros de postos de traballos. Ver en: https://goo.gl/5WSm5j

🇵🇸 E a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, continúa na súa viaxe solidaria ao Sáhara Occidental. Moito máis dende as nosas redes: https://goo.gl/uftCV5
📣 Mañá ás 11:30h. estaremos diante do Ministerio de Industria (Madrid) na defensa dos postos de traballo de #Alcoa e berrar que #AlcoaNonSePecha
💪 Na defensa da nosa industria, imos!
📸Milleiros de persoas percorreron esta mañá as rúas da #Coruña, loitando polo futuro do emprego industrial no noso país e para defender os postos de traballo en #Alcoa. Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/NqoGCd
‼️ Esta mañá, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, estivo no programa #BosDías da TVG para falar de actualidade política. Ler máis en: https://goo.gl/jULfeK

📌 Esquerda Unida aplaude o preacordo acadado entre os sindicatos e a empresa estadounidense #Alcoa respecto ao ERE anunciado nas plantas da Coruña e Avilés. Máis, na nosa web: https://goo.gl/Z12PVN

🗞 Marea de Vigo saca o seu cuarto número de “Lúa”, a publicación propia na que expresa a súa postura política con respecto á actualidade política local. Xa podes consúltala en: https://goo.gl/XQ5XtV
🔻Esquerda Unida rexeita o #ERE de #Vodafone e esixe implicación ao sector das telecomunicacións a prol dun #EmpregoDigno e con dereitos

👉 “Non se entende que unha empresa que di ser líder vexa como solución o recorte das condicións laborais”, di o responsable de Estratexias para o Conflito de Esquerda Unida, Guillermo Crego. Máis, na nosa web: https://goo.gl/deXfAW

📺 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, estivo nos “Desayunos de TVE” para falar dos #Orzamentos2019 e da situación en #Alcoa. "O Goberno ten na súa man a solución para Alcoa a través da SEPI. A produción de aluminio é estratéxica, non imos renunciar a producilo: é o material do futuro", dixo. Ver en: https://goo.gl/hy13a6

🐤 No Parlamento de Galicia continúa a celebrarse a Comisión Alternativa de Sanidade onde participa a deputada de En Marea, Eva Solla, e comparecen un experto en Dereito da Saúde e unha psicóloga clínica do SERGAS. Todo isto, e moito máis, na canle de Twitter de #EvaSolla: https://goo.gl/43gfc1
📺 A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, estivo esta semana no programa “Bos Días” da #TVG, no que falou de diversos temas de actualidade política, como #Alcoa ou sobre os #Orzamentos2019.
Xa podes velo dende aquí 👉: https://goo.gl/na3Fya #ParaNonPerder

🔻 Izquierda Unida e o Partido Comunista precisan 12.000 euros para levar adiante unha querela contra a fraude, a corrupción e a impunidade da Corona. #QuerelaBorbón #QuerellaBorbón non queda nadiña, anímate! Tes toda a info en: https://goo.gl/o8SniC
🗞 Esta tarde, ás 20.30 horas, a deputada de En Marea, Eva Solla participa na charla, organizada pola Marea Cidadá de Noia, sobre o conflito das Urxencias do CHUS. Máis información en: https://goo.gl/UMjeg7

📸 A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, vén de intervir na comparecencia do Presidente de SEPI para analizar os Orzamentos do Estado. “Solicitamos unha xuntanza para abordar a situación de empresas como #Alcoa ou a Naval. Antes de xuño, queremos plantexar solucións que garantan o emprego”, dixo. Ver en: https://goo.gl/GezEjY

🎥 A deputada de En Marea, Eva Solla, vén de denunciar no Pleno desta semana que Galicia sofre unha crise sanitaria e, cada ano, hai saturacións e colapsos nas Urxencias. Non perdas a súa intervención en: https://goo.gl/ZRhbFx

🔻 Izquierda Unida define tres eixes para gañar á dereita nas eleccións de maio: unidade, democracia e participación. Máis en: https://goo.gl/cc3chc
📺 Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar na mobilización galega deste domingo en #Compostela para denunciar o desmantelamento da nosa #SanidadePública por parte do PP. Non perdas o vídeo en: https://goo.gl/BgvvcU

Luz verde á proposta de En Marea, defendida por Eva Solla en Comisión, para que a Xunta traslade a base do 061 da Estrada ao carón do novo centro de saúde en obras. “Non se entende que a ambulancia teña que perder 15 minutos en ir recoller persoal ao PAC”. Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/hTC5WB

🐾 Vanessa Angustia levou hoxe ao pleno do Senado a denuncia da promoción da tauromaquia e da caza e defendeu políticas de protección do noso medio rural: https://goo.gl/T6S6KQ

🏭 A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de esixir que se garantan os 700 postos de traballo directos e 2000 indirectos na #Coruña e #Avilés de #Alcoa #AlcoaNonSePecha. Ver en: https://goo.gl/bREKCN
🎙Mañá mércores a partir das 8.10 horas non perdas á coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, no programa Galicia por Diante de Radio Galega para falar sobre actualidade política. https://goo.gl/iGB5dQ

📺 A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, esixe ao Goberno que, antes de rematar a lexislatura, culminen os traballos para recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público. Ver en: https://goo.gl/ZwG9oz

🗞 Tal e como di a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, o futuro das e dos traballadores deféndese loitando, tanto nas rúas como nas institucións. Ese é o caso de #Alcoa. Non perdas este interesante artigo en Mundo Obrero: https://goo.gl/mu7N8N

📣 Hoxe Marea de Vigo debate e decide sobre o modelo de primarias que quere coas municipais no horizonte... e moito máis! Non perdas o acto en: https://goo.gl/a3uc64
EU Son Porriño" vén de celebrar o acto de presentación do candidato a alcaldía, Pedro Ocampo Cardalda, e ao proxecto “EU Son Porriño, a Esquerda Real para o cambio necesario do Concello”, para as vindeiras municipais.

📌Neste acto estivo presente Eva Solla, Rubén Pérez e Marcos Cal, que sinalaron a importancia do municipalismo e da necesidade dun verdadeiro programa de esquerda para O Porriño. Non perdas todas as fotos no noso Facebook: https://goo.gl/d2cxhD

📺 "O Goberno está a por en perigo un sector estratéxico e a 2.000 persoas por non rescatar #Alcoa dende o público, como fan outros países europeos. Que fagan algo xa!", di a candidata de En Común en #AlRojoVivo Ver en: https://goo.gl/3HW4kA
📣 Esta tarde estaremos coa nosa coordinadora Eva Solla e moitas máis para sumarnos á marcha do persoal de #Alcoa ata a Delegación do Goberno da Coruña.
💪 Están en xogo 400 empregos industriais na Coruña e 300 en Avilés. Precisan solucións, non promesas. #AlcoaNonSePecha
📢 Todo o noso apoio para o persoal de #Alcoa, pechado nestes intres na Delegación do Goberno na Coruña para defender os seus postos de traballo e o futuro da nosa industria! Forza 💪
🔻Esquerda Unida manifesta o seu apoio aos cargos públicos de Galicia En Común e Unidas Podemos, sindicalistas e traballadores denunciados por defender os postos de traballo de #Alcoa

‼️ Temos claro que isto é unha persecución política e que é inaceptable. Ler a nova en: https://bit.ly/2kqeWfb

🏥 Esta mañá Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, debateu hoxe dúas iniciativas fundamentais que atinxen á mala situación sanitaria que se está a dar na provincia de Pontevedra. Solla reivindicou a necesidade de dotar de máis persoal de atención primaria en Arcade-Soutomaior así como dotar de orzamento suficiente para a ampliación do centro de saúde do Porriño. Ler en: https://bit.ly/2lWcEVB

📣 E lembra que este #20S EsquerdaUnida súmase á #EmerxenciaFeminista onde a noite será violeta como repulsa ás violencias machistas. Ler en: https://bit.ly/2kpWeEl
‼️ Eva Solla presenta a súa candidatura ao proceso de primarias de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia

✍️ "A situación de #Galicia, dez anos despois da crise, require preparar con responsabilidade o proceso de cara ás eleccións autonómicas”: Ler en: https://bit.ly/2kOaxD4

💻 Ver a rolda de prensa en: https://bit.ly/2m4yTbZ

📣 Mañá estaremos ás 11 horas na concentración, diante dos Xulgados da Coruña, en apoio dos sindicalistas de CCOO e dos traballadores de Alcoa investigados pola participación na mobilización de #Alcoa en Madrid.

📌 Hoxe, no Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trata de Persoas, lembramos que a Xunta de Galicia segue a ser cómplice de impunidade nos casos relacionados coa Operación Carioca, xa que segue sen dar resposta á denuncia interposta por Esquerda Unida na Fiscalía. Ler en: https://bit.ly/2mA7izH
🏛 Esta mañá o Grupo Común da Esquerda deu unha rolda de prensa sobre a "situación indignante que se está a vivir con Povisa". "Xunto a Marea de Vigo, pedimos unha auditoría das contas, dun diñeiro que foi engordar un holding empresarial", dixo a deputada Eva Solla. https://bit.ly/31QEgeG

🎲 Na rolda, preguntada sobre a implantación das casas de apostas nas nosas ciudades, Solla sinalou que: "Non basta con alonxalas das escolas ou dos lugares de ocio. Hai que tramitar unha norma que impida a implantación de casas de apostas e controle ás vixentes", dixo.
Máis, sobre este tema, na nosa web: https://bit.ly/2FHS2HB

‼️ Esquerda Unida súmase á concentración de #Ferrol en apoio aos sindicalistas e traballadores denunciados na manifestación de #Alcoa. Mañá estaremos ás 12 horas diante dos Xulgados de Ferrol. Máis, na nosa web: https://bit.ly/2AVXa7X
👩🏻‍💼 Esta mañá Eva Solla estivo na Facultade de Ciencias da Comunicación participando nas prácticas do alumnado e repasando a actualidade política no marco da repetición das Eleccións Xerais e das vindeiras Eleccións Autonómicas de 2020. Máis, nas súas redes: http://bit.ly/35hzkBA

📢 De novo, esta mañá estivemos arroupando aos sindicalistas e traballadores de #Alcoa investigados, en #Ferrol. Esiximos a derrogación da Lei Mordaza, que só criminaliza a protesta social e as mobilizacións. Máis, nas nosas redes: http://bit.ly/35mjAxx

🎞 Non perdas a intervención de Rubén Pérez no pleno extraordinario de hoxe no Concello de Vigo, no que se aprobou, co voto en contra da Marea de Vigo, a modificación urbanística para o encaixe do proxecto do Barrio do Cura: http://bit.ly/35jBCA8