Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
🙌🏼 Eva Solla vén de preguntarlle ao Conselleiro sobre "a porcentaxe orzamentaria que manexa incrementar a Xunta para levar a cabo as medidas do Plan para a sanidade pública e se poden atender as demandas das e dos profesionais que piden máis persoal". Ver en: https://goo.gl/f9gewu

🔻Lembra que esta tarde a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla; o secretario de Organización de Esquerda Unida e concelleiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez e o secretario de Organización Institucional de Podemos Galicia, Marcos Cal participan na presentación de Pedro Ocampo como candidato para as Eleccións Municipais no Porriño. https://goo.gl/FVw4eT

‼️Hoxe mércores 27 de marzo ás 19.30h na #Coruña non perdas a conferencia de Xesús Alonso Montero sobre as cartas dos presos condenados a morte no franquismo, na Casa-Museo Casares Quiroga, parte do ciclo “Habitar a Palabra”. Máis info en: https://goo.gl/nuJoH6

📌Esta mañá estivemos con Yolanda Díaz nas rúas de #Vigo apoiando a folga de #BoschVigo ante o ERTE que afecta a 800 traballadoras. Seguimos! https://goo.gl/a5eDgG
😊 Esta mañá estivemos na #Coruña para dar a coñecer o noso proxecto político e saír a gañar nas Eleccións Xerais do 28 de abril. #EnComún28A
💜 Esta tarde estaremos na #Coruña xunto a Loreto Taibo para debater coa veciñanza sobre a nosa proposta de cara as eleccións do #28A #EnComún28A Non faltedes! 🙌😁
📣 Na tarde de onte estivemos falando coa veciñanza da #Coruña sobre a nosa proposta de cara as eleccións do #28A. "É preciso seguir a pular pola suba do SMI, así como o aumento das pensións e a derrogación das dúas reformas laborais, que só fomentan a precariedade", dixo a candidata de En Común, Loreto Taibo. Máis, nas nosas redes: https://bit.ly/2HWgA2o

👉 Lembra que o ‘Caso Carioca’ vén de sufrir outro revés coa sanción que lle impón o Consello Xeral do Poder Xudicial á xuíza Pilar de Lara coa intencionaliedade de apartala dos xulgados de Lugo. Dende Esquerda Unida reiteramos o noso apoio ao traballo da xuíza e chamamos a participar na concentración convocada pola Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca para hoxe ás 20 horas diante dos Xulgados de Lugo. Toda a info en: https://goo.gl/DSgfEq
🌈 Xa non queda nada para o gran acto deste domingo no Palexco da #Coruña, vémonos!
👉 Esta mañá estivemos no #Palexco da #Coruña no acto de #EnComún28A falando da importancia de facer políticas por e para a clase traballadora e levar ás demandas das rúas ás institucións!
💜 Esta tarde estaremos na #Coruña xunto a Loreto Taibo para debater coa veciñanza de Monte Alto sobre a nosa proposta de cara as eleccións do #28A #EnComún28A Non faltedes! 🙌😁
‼️Que viva a loita da clase obreira!

💪🏼 Hoxe estivemos nos xulgados da #Coruña acompañando aos traballadores e sindicalistas investigados, na compañía da nosa coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla. Defender aos traballadores non é delito!

📺 Ver o vídeo en: https://bit.ly/2mNKXyp

📸Moito máis, dende o noso Facebook: https://bit.ly/2mmEFpo
🔴 Esta mañá estivemos coa coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla e a candidata de Galicia En Común, Loreto Taibo, na mobilización do persoal de R, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, na defensa dos postos de traballo. Máis en: https://bit.ly/2OZDR6h

🙆🏽‍♀️ Despois pola tarde, no Obelisco da #Coruña, estivemos con Loreto Taibo concentradas en apoio á mobilización de Madrid en defensa das pensións e a prol da suba en función ao IPC. Ver en: https://bit.ly/2oR37AT

🔊 E mañá xoves 17 estaremos coa coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla para falar sobre actualidade política, na charla organizada polo Foro Cívico de Vigo, ás 19.30 horas na Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Rúa Martínez Garrido, 17). Vémonos!
😁 Mañá domingo 3 de novembro vémonos na #Coruña, con Pablo Iglesias, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Vanessa Somoza... E moitas máis! 💪🏾👌
IMPRESIONANTE acollida no Palexco da #Coruña! 🙌🏽 ☺️
‼️ Este martes 10 de decembro falaremos na Casa Casares Quiroga da #Coruña sobre a violencia vicaria, é dicir, o uso dos menores por parte dos seus proxenitores ou terceiras persoas para causar dano ás súas nais, nun acto da man da coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla; Estrela Gómez, de Agamme (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) e a activista Andrea Arévalo.

🙌 Súmate no evento: https://bit.ly/2Pr7yf4
🙌 Esquerda Unida debate na #Coruña sobre a importancia de coñecer a violencia vicaria como outra forma de maltrato contra as mulleres

‼️Esquerda Unida vén de celebrar na Casa Casares Quiroga unha charla sobre a violencia vicaria, o uso dos menores por parte dos seus proxenitores ou terceiras persoas para causar dano ás súas nais, na que participou Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Estrela Gómez, representante da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme) e Andrea Arévalo, activista feminista.

📲 Máis info, na nosa web: http://bit.ly/2PydCm0
🎰 Ás 19.30 horas estaremos coa coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, na #Coruña, na mobilización contra a proliferación do xogo e das casas de apostas.

🎲 Ante a inacción da Xunta de Galicia, dende Esquerda Unida traballamos nunha Lei para controlar e restrinxir a proliferación das casas de apostas, un perigo para a saúde pública da cidadanía.

📝Máis info, na nosa web: http://bit.ly/2vVdmrb
Vémonos ás 19.30 horas na Praza de Pontevedra! 😃
Hoxe domingo 21 Galicia en Común - Anova Mareas,

👉🏽 presentamos a candidatura en Lugo.

👉🏽 encontro na #Coruña para presentar a nosa proposta de transformar a Risga nunha Renda para a cidadanía e que podedes seguir en directo 🔗 https://cutt.ly/WuLl876
#AgoraMesmo, nos Xulgados da #Coruña, recibindo aos avogados da familia Franco no xuízo pola devolución do Pazo de Meirás.
Para que devolvan por fin ao pobo o que é do pobo.
A devolución do Pazo de Meirás será o primeiro paso para o retorno de todo o roubado pola familia Franco durante a ditadura. Porque ningún cidadán pode ter impunidade ante un delito polos seus apelidos, e porque o pobo galego quere xustiza.
"Non á impunidade, fascismo nunca máis!"
#DevoluciónXa
🚂 Esquerda Unida reúnese co comité provincial de #Adif #Coruña para amosar o apoio á folga do mes de marzo polos graves recortes de postos de traballo nos últimos anos e o modelo de xestión desta empresa pública, en constante privatización.

💬 Eva Solla: “Non é asumible que cando estamos falando da necesidade de fomentar o transporte público e colectivo menos contaminante, o Goberno leve décadas dando as costas ao ferrocarril convencional e favorecendo a súa privatización e desaparición de servizos ao longo do país”.

✂️ Colectivos como circulación ou atención a viaxeiros reduciron tanto o cadro de persoal que está supondo peche de quendas nalgunhas estacións e, no caso da atención ao viaxeiro, ausencia de persoal nalgunhas, como pode ser a de Ferrol. Tamén os servizos administrativos e loxísticos se están vendo afectados polos recortes.


No facebook
No twitter
Un día máis saímos á rúa, denunciamos e condenamos o asasinato homófobo acontecido na #Coruña, queremos #XustizaParaSamuel