Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
🔻 "#Ferrol non quere ter ningún vínculo máis coa dictadura nin ser un espazo para exaltar ao Ditador". Así de contundente móstrase Suso Basterrechea, tenente alcalde de Ferrol en La Sexta. Ver en: https://goo.gl/vUL91r

👉 De novo, estamos diante de exemplos de como as políticas do PP aniquilan o emprego de calidade e cronifican a pobreza. Os contratos temporais, de poucas horas e precarios fan que as traballadoras e traballadores deste país sufran salarios de miseria. Ler en: https://goo.gl/cEUTFK
🔻♀️ En relación ao Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, este #23S, en Esquerda Unida vimos de aprobar unanimemente unha resolución que reitera que os gobernos e as administracións teñen que asumir as súas responsabilidades respecto a esta lacra. Ler, dende a nosa web: goo.gl/N4CRRq

🙌 O político e sindicalista Joan Coscubiela vén a #Ferrol este mércores para presentar: "Empantanados. Una alternativa federal al sóviet carlista", nun acto onde intervirán, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, o secretario Xeral de CCOO de Industria, Víctor Ledo e a xornalista Lorena Bustabad. Súmate dende: https://goo.gl/EdFm7a

🔊 A vontade política dun goberno está reflectida no tipo de orzamentos que presenta. Se o Goberno do PSOE quere contar co apoio de #UnidosPodemos, debe asumir a axenda de cambio: 17 medidas sociais urxentes. #Las17deUnidosPodemos. Toda a info na web: https://goo.gl/Hpa3SF

🗞 "O que están facendo é alimentar o negocio dos hospitais privados. Feijóo di que está investindo en saúde pública, pero o que realmente está a facer é deixala sen recursos". Non perdas este interesante artigo, publicado por Público, con declaracións da coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Eva Solla, en: https://goo.gl/yHdx6x
📢 Lembrade que o político e sindicalista Joan Coscubiela vén mañá mércores a #Ferrol para presentar: "Empantanados. Una alternativa federal al sóviet carlista", nun acto onde intervirán o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, o secretario Xeral de CCOO de Industria, Víctor Ledo e a xornalista Lorena Bustabad.
Súmate dende: https://goo.gl/EdFm7a

🌊Na sesión plenaria desta mañá, a deputada de En Marea, Eva Solla, vén de defender unha moción relativa ao peche de camas que se repite ano tras ano no Sergas “sen unha xustificación real e lóxica”. Solla tamén participou na comparecencia do conselleiro de Sanidade: “O que trae é un lavado de cara para evitar falar dos recortes e das privatizacións dos últimos nove anos”, dixo. Máis, na nosa web: https://goo.gl/fVxr9E

🎥 Esta mañá, a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, interpelou á administradora provisional de RTVE, Rosa María Mateo, sobre as medidas para a rexeneración democrática da cadea. Ver en: https://goo.gl/pq26F3
‼️ Esquerda Unida denuncia irregularidades e opacidade na adquisición de fármacos por parte do #SERGAS. Aínda que o que máis chama a atención, dentro destas malas prácticas, é que nalgún caso se rexistran pagos por outros servizos, tales como “becas, cesión de equipos o mantemento dunha páxina web”, algo totalmente incrible e inaceptable. Máis, na nosa web: https://goo.gl/XeBhU2

📢 Lembrade que o político e sindicalista Joan Coscubiela vén esta tarde a #Ferrol e mañá a #Vigo para presentar: "Empantanados. Una alternativa federal al sóviet carlista", .
👉🏽Súmate ao acto de Ferrol dende: https://goo.gl/EdFm7a
📲Súmate ao acto de Vigo dende: https://goo.gl/331pR4
📺 Esquerda Unida apoia a folga do persoal da CRTVG contra o desmantelamento do servizo
Dende Esquerda Unida queremos apoiar ao persoal que xa leva 25 semanas mobilizándose nos coñecidos como “venres negros”, para reclamar a fin da manipulación e do control informativo na CRTVG, a creación dun Consello de Informativos e Estatuto Profesional, o cumprimento da Lei de Medios Públicos ou a recuperación da produción propia interna, entre outras demandas. Ler en: https://goo.gl/VhKuid

📣 Esta mañá, a deputada de En Marea, Yolanda Díaz levou ao Congreso un caso que vimos de coñecer recentemente: o Goberno de Rajoy freou durante anos a construción de fragatas en Navantia coa fin de adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés. Con esta acción, o PP lograba paralizar un proxecto que garantía a carga de traballo en #Ferrol durante anos; un xesto que deixou sen traballo a milleiros de persoas en Galicia. Toda a info en: https://goo.gl/GAhuiM
🌊 A deputada de En Marea, Eva Solla, vén de preguntar ao Goberno sobre as actuacións que debe levar a cabo en relación coa dotación de medios humanos e materiais dos servizos de urxencias. Ver vídeo en: https://goo.gl/Wupyw8

🇵🇸 Este luns, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, estivo participando nas xornadas do Centro de Estudios do Sáhara Occidental, USC e o grupo do GUE/NGL, e que contou coa participación da eurodeputada Paloma López. Máis info en: https://goo.gl/a4bLvf

📸 Doutra banda, dende este domingo a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, participa nunha viaxe solidaria ao Sáhara Occidental para falar de proxectos de cooperación en torno ás necesidades educativas e de saúde do pobo saharauí. Máis, dende as nosas redes: https://goo.gl/NjAXmF

📲 Tamén onte as nosas deputadas e deputados de En Marea estiveron en #Ferrol xunto ao alcalde, Jorge Suárez, para render contas do traballo desenvolvido no Congreso. Máis en: https://goo.gl/fSut6L
📣 💜 Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar nas mobilizacións feministas baixo o lema: “Ni un paso atrás en igualdade. Os nosos dereitos non se negocian!”

🙅🏻‍♀️ Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista que terán lugar en #Galicia este martes 15 de xaneiro, coa fin de apoiar ás compañeiras de #Andalucía, xa que nesa data terá lugar un vergoñento pacto de Goberno no que se negocia cos dereitos das mulleres como moeda de cambio, negando a incuestionable realidade da violencia machista.
📺 Todas as convocatorias, nas nosas redes: https://goo.gl/9QiKcv
#NososDereitosNonSeNegocian
#NinUnPasoAtrásEnIgualdade
🔻 Esquerda Unida celebra en #Ferrol o Día da Clase Obreira Galega cun chamamento á unidade da clase traballadora

👉 De novo, un ano máis, unha mestura de rabia e esperanza convócanos ante o monumento de Recimil, que lembra o acontecido o 10 de marzo de 1972. Xa pasaron 47 anos, mais tan só 13 desde que é oficialmente Día da Clase Obreira Galega. Unha demostración clara de como negocia coa memoria antifranquista este noso país.

Segue a ler o manifesto dende aquí: https://goo.gl/bqyJDB
📢 Hoxe ás 19,30 horas estaremos en #Ferrol sumando forzas de cara ao #28A. Animádevos a participar! #EnComún28A
Forwarded from Eva Solla Fernández
Centro Cívico de Canido en #Ferrol a rebosar no acto de @EUFerrol celebrando o día da República.
❤️💛💜 #14Abril #DíaDeLaRepública @EsquerdaUnida
‼️ Lembra que hoxe estaremos con Eva Solla, Jorge Suárez e moitas máis en #Caranza, conversando sobre o proxecto que queremos para #Ferrol: un #LugarDeTodas.
👉 Hora: 19 h.
Lugar: Centro Cívico Caranza.
Esta tarde estivemos en #Ferrol xunto a Jorge Suarez e as candidaturas municipalistas de esquerda da comarca para falar de facer políticas por e para a cidadanía.
‼️Hoxe vémonos en #Ferrol con Vanessa Angustia, Jorge Suárez, Yolanda Díaz, Pablo Iglesias e moitas máis.
👉Hora: 18 h.
Lugar: Praza Vella.
🏛 Esta mañá o Grupo Común da Esquerda deu unha rolda de prensa sobre a "situación indignante que se está a vivir con Povisa". "Xunto a Marea de Vigo, pedimos unha auditoría das contas, dun diñeiro que foi engordar un holding empresarial", dixo a deputada Eva Solla. https://bit.ly/31QEgeG

🎲 Na rolda, preguntada sobre a implantación das casas de apostas nas nosas ciudades, Solla sinalou que: "Non basta con alonxalas das escolas ou dos lugares de ocio. Hai que tramitar unha norma que impida a implantación de casas de apostas e controle ás vixentes", dixo.
Máis, sobre este tema, na nosa web: https://bit.ly/2FHS2HB

‼️ Esquerda Unida súmase á concentración de #Ferrol en apoio aos sindicalistas e traballadores denunciados na manifestación de #Alcoa. Mañá estaremos ás 12 horas diante dos Xulgados de Ferrol. Máis, na nosa web: https://bit.ly/2AVXa7X
👩🏻‍💼 Esta mañá Eva Solla estivo na Facultade de Ciencias da Comunicación participando nas prácticas do alumnado e repasando a actualidade política no marco da repetición das Eleccións Xerais e das vindeiras Eleccións Autonómicas de 2020. Máis, nas súas redes: http://bit.ly/35hzkBA

📢 De novo, esta mañá estivemos arroupando aos sindicalistas e traballadores de #Alcoa investigados, en #Ferrol. Esiximos a derrogación da Lei Mordaza, que só criminaliza a protesta social e as mobilizacións. Máis, nas nosas redes: http://bit.ly/35mjAxx

🎞 Non perdas a intervención de Rubén Pérez no pleno extraordinario de hoxe no Concello de Vigo, no que se aprobou, co voto en contra da Marea de Vigo, a modificación urbanística para o encaixe do proxecto do Barrio do Cura: http://bit.ly/35jBCA8
🙌 Esta mañá estivemos tamén co persoal do CAMF de #Ferrol, con Loreto Taibo e Suso Basterrechea, para esixir que se remate coa precariedade laboral das e dos traballadores e se leve a cabo unha reforma da infraestrutura do centro.
‼️En breve estamos en #Ferrol! Achégate 😄
Esta mañá acompañamos ao persoal de #Navantia nas rúas de #Ferrol, por máis carga de traballo para o naval, imos!
📢 Rememorando a memoria das mulleres e homes que foron quen de poñer en pé ao pobo de #Ferrol contra a ditadura e as leis laborais franquistas. 💪