Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
Hoxe presentamos en #Compostela unha candidatura que une os intereses de #Galicia para defendernos do ascenso da dereita e ter un futuro ilusionante! #EnComún
📌 A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla reflexiona en #Público sobre o novo Plan Cóndor de EE.UU. en Latinoamérica e sobre as sancións e embargo económico sobre# Venezuela que mantén a administración Trump. #Imprescindible.
Ler en: https://goo.gl/qgaiWJ

📝 Esta mañá presentamos o #ProgramaEnComún, da nosa candidatura #EnComúnUnidasPodemos na Casa Casares Quiroga, na Coruña: "Fixemos un programa con rigor e solvente; unha proposta de transformación que nos permitirá cambiar o rumbo da historia de #Galicia", dixo a candidata de En Común, Yolanda Diaz. Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/3B4mf4
Hoxe estivemos en #Ponteareas para falar do principal problema de #Galicia: a precariedade, así como das nosas propostas para a clase traballadora e moito máis. #EnComún28A #EnComúnUnidasPodemos👏
😊 Hoxe votamos por un futuro digno para #Galicia. Que ninguén quede na casa.

📮 #HoyUnidasPodemos
📺 A partir das 18h., Eva Solla pregunta no Pleno ao Conselleiro de Sanidade se pensa levar a cabo algunha medida ante a precariedade do persoal eventual de enfermaría en #Galicia #OPEnegra.
‼️Ver en: https://goo.gl/HqFj1P
‼️A proposta do PP sobre a regulación do xogo en #Galicia é unha fraude: non defende á mocidade nin ás familias.
🙅‍♀️ A Xunta de Galicia tardou máis dun ano en presentar un anteproxecto de lei totalmente insuficiente. Coñeces a nosa proposta? Toda a info en: https://bit.ly/2QQ5bmg
🎲 Eva Solla: “Coas casas de apostas revivimos un problema equiparable ás drogas no anos 80”

✔️“As asociacións para tratar a ludomanía denuncian que en #Galicia xa hai 10.000 menores entre 12 e 17 anos enganchados ao xogo", enfatizou Eva Solla esta mañá na Comisión de Sanidade. Toda a información en: https://bit.ly/2FHS2HB

🙅‍♀️Dende Esquerda Unida seguiremos a denunciar a impunidade do 'Caso Carioca' e a traballar para instar á Xunta de Galicia e ao Concello de Lugo a presentarse como acusación popular. Ler en: https://bit.ly/3044VTV

📣 O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, vén de reclamar que os terreos concesionados a Vulcano se blinden para asegurar o seu uso industrial. Máis en: https://bit.ly/2XfwAja
‼️ Moi preocupadas polos incendios que asolan #Galicia e moitos folgos ao persoal que está a loitar contra o lume.

👉Outra triste mostra máis do abandono que sofre o noso rural por parte da Xunta de Galicia. #LumesNuncaMáis
📸 Hoxe #Galicia sae ás rúas en repulsa dos feminicidios de #Valga; contra a cara máis visible e brutal da sociedade machista na que vivimos.

👉 Reivindicamos políticas contundentes e necesarias contra a violencia machista. #QueremonosVivas
‼️ Eva Solla presenta a súa candidatura ao proceso de primarias de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia

✍️ "A situación de #Galicia, dez anos despois da crise, require preparar con responsabilidade o proceso de cara ás eleccións autonómicas”: Ler en: https://bit.ly/2kOaxD4

💻 Ver a rolda de prensa en: https://bit.ly/2m4yTbZ

📣 Mañá estaremos ás 11 horas na concentración, diante dos Xulgados da Coruña, en apoio dos sindicalistas de CCOO e dos traballadores de Alcoa investigados pola participación na mobilización de #Alcoa en Madrid.

📌 Hoxe, no Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trata de Persoas, lembramos que a Xunta de Galicia segue a ser cómplice de impunidade nos casos relacionados coa Operación Carioca, xa que segue sen dar resposta á denuncia interposta por Esquerda Unida na Fiscalía. Ler en: https://bit.ly/2mA7izH
‼️ Eva Solla: "O informe do Valedor constata que os recortes da última década na administración merman a calidade dos servizos públicos".

👉 "Pese a ser un informe compracente co PP, pon en evidencia o fracaso da súa xestión nos servizos públicos".
Máis, na nosa web: http://bit.ly/313Zp3Q

🏥 Eva Solla esixiu no Pleno á Xunta que garanta o emprego, as condicións laborais e a calidade asistencial en Povisa. Aquí podedes ver a súa intervención: http://bit.ly/2pZzsFU

🙌 Indignante. #Galicia segue a ser unha das comunidades con máis accidentes laborais con causa de morte. Demandamos investimentos suficientes para levar a cabo medidas de prevención e políticas públicas a prol da saúde laboral e prevención de riscos para evitar estes titulares: http://bit.ly/2IzGKGU
‼️ Hoxe vimos de presentar no pleno, da man da deputada Eva Solla, a nosa proposta lexislativa sobre a regulación dos xogos e as casas de apostas, que non saíu adiante polo voto en contra do PP.

💬 "En #Galicia hai 10.000 menores entre 12 e 17 anos enganchados ao xogo. Estamos revivindo un problema que vivimos nos anos 80 coa droga", dixo Solla. Podes ver a intervención completa dende: http://bit.ly/31C9tkX

🐥 Lembra que ás 19 horas estaremos na Coruña, na mobilización en apoio ao persoal de R, que comezará na rúa Compostela. https://bit.ly/31uUZ6t

📸 Despois, estaremos coa candidata de Galicia En Común, Loreto Taibo, debatindo sobre actualidade política, no encontro organizado pola Asociación Veciñal das Atochas-Monte Alto-A Torre na Biblioteca do Parque de Marte. Máis, nas nosas redes: http://bit.ly/2N4g3LS
‼️ Dende Galicia En Común fletaremos un autobús para todos aqueles militantes tanto de Podemos como de Esquerda Unida que queran desprazarse dende varios puntos de #Galicia ata A Coruña o vindeiro domingo 3 de novembro ao mitin de campaña no que participarán todas as nosas candidatas, xunto co candidato á Presidencia do Goberno pola nosa coalición a nivel estatal Pablo Iglesias.

Este servizo de transporte colectivo será sen ningún custe para o que o queira utilizar, soamente se SOLICITA DE MANEIRA IMPRESCINDIBLE reservando o teu asento no autobus enviando un mail a: areainterna@esquerdaunida.org ou chamando a Graciela ao tlf 626216550
Os buses retornan ao rematar o acto.
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida: “O voto útil está á esquerda do PSOE”
Ler en ➡️http://ecodixital.com/post.php?artigo=222
#Eleccions10N #Galicia
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
🙌 Estamos xa na recta final da campaña e, entre todas e todos, podemos conseguir un novo pulo. #Galicia nunca estivo tan presente no Congreso como con Galicia En Común. Os feitos falan sós. #GaliciaNoCongreso
⚓️ Fai 17 anos #Galicia viviu un desastre ambiental de enorme magnitude. Dende eses "fíos de plastilina", algúns políticos do PP que só tomaron pésimas decisións seguen a día de hoxe sen asumir as súas responsabilidades.

🙌 Tamén a raíz do ocorrido o 13 de novembro de 2002 xurdiu unha gran mobilización social, persoas que chegaban de todos os lugares para intentar frear o impacto terrible da traxedia. Seguimos esixindo responsabilidades. #NuncaMáis.
🏥 Este martes 17 de decembro estaremos na porta do Parlamento de Galicia para dicir ben claro que o paritorio de Verín non se pecha!

🙌 Na sesión do Pleno da tarde, a nosa coordinadora e deputada do Grupo Parlamentario Común da Esquerda, Eva Solla, instará a Xunta de Galicia a manter o paritorio e as urxencias pediátricas do Hospital Comarcal de Verín, así como o resto de servizos, ante a teima do PP de desmantelar a nosa sanidade. Máis en: https://bit.ly/2YUICAT

📣 Esta mañá estivemos coa coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, na concentración a prol de ter unhas pensións dignas e de calidade para combater o empobrecemento das e dos pensionistas galegos

🏛 Tamén acompañamos as e aos compañeiros de Modepen ao rexistro do Parlamento para levar unha serie de reivindicacións de cara a mellorar as súas pensións. En #Galicia hai máis de 700.000 pensionistas que queren vivir dignamente. Máis, nas nosas redes: https://bit.ly/38JufE8

🏗 Marea de Vigo lembra que as obras públicas, especialmente as financiadas con superávit de anos anteriores, teñen que ser sostibles economicamente e os seus custos de mantemento deben ser avaliados cando se proxectan. Ler en: https://bit.ly/35nhLzP
🔻 Esquerda Unida denuncia o empobrecemento das familias en #Galicia, que será analizado pola ONU

👉 “Mentres o PP fala de mellora económica, as familias non chegan a final de mes e temos máis traballadores pobres”, di a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla. Ler en: https://bit.ly/2O13YIu
‼️👉 Esquerda Unida repulsa o asasinato machista de #Pastoriza #Lugo e chama a participar nas concentracións feministas en #Galicia #NiUnaMenos #Queremonosvivas
Hoxe ás 20,00 #ÉoMomento en #Pontevedra

A ministra de traballo Yolanda Diaz Perez e os candidatos á Presidencia e Parlamento de #Galicia Antón Gómez-Reino Eva Solla e Martiño Noriega avanzarán as propostas deste #ConstruírmosoFuturo. https://fbook.cc/3BYK