Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
Eva Solla está en #Lugo para escoitar ás traballadoras do Hospital Lucus Augusti, que revelaron importantes deficiencias na construción dun centro que ten só sete anos.
📲 Esquerda Unida organiza mañá xoves 21 de xuño a charla “Menores e transexualidade”, que terá lugar ás 20:30 horas no espazo “La Ferretería”, en #Lugo. Este acto, enmárcase na campaña “Vivir libremente, vivir dignamente” que Esquerda Unida está levando a cabo de cara ao 28 de xuño día internacional do orgullo LGTBI. Súmate en: https://goo.gl/VN5Gzp

‼️ Esta mañá, a deputada Eva Solla interpelou ao Conselleiro de Sanidade para esixirlle unha solución respecto á situación das e dos auxiliares de enfermería que están en folga en #Vigo, máis en: https://goo.gl/ggsywy

🎙“Ningún ser humano é ilegal”, tal e como dixo esta mañá María Rozas, que lembrou que #Compostela é unha cidade acolledora. Neste 20 de xuño, amosamos a nosa solidariedade con todas as persoas refuxiadas e reivindicamos o fin das políticas inhumanas que converten o Mar Mediterráneo nun enorme cemiterio. Non perdas o noso Manifesto en: https://goo.gl/u33jUC
📲 Lembra que en breve estaremos a falar sobre "Menores e transexualidade”, en #Lugo. Este acto enmárcase na campaña de Esquerda Unida “Vivir libremente, vivir dignamente”.
🌈 Hoxe 28 de xuño manifestámonos para reivindicar o noso orgullo e a liberación dos nosos corpos, as nosas identidades e os nosos desexos. Pero, non queremos facelo soas, senón unindo loitas desde a solidariedade para conquistar un futuro digno para todas e todos. Non perdas o o manifesto de Esquerda Unida baixo o título: "Stop LGTBIFobia, Stop precariedade! Vivir libremente, vivir dignamente": https://goo.gl/iQLXpF

‼️ Lembra que esta tarde teremos a sorte de escoitar no Vello Cárcere de #Lugo a Xesús Redondo Abuín que, en compañía da nosa coordinadora, Eva Solla, presenta as súas memorias. https://goo.gl/FKH4rr
🌊 Arrancamos hoxe luns en #Lugo o acto de rendición de contas de En Marea #EnMareaCumpre, coas deputadas/os de En Marea no Congreso para falar do traballo parlamentar. Vémonos alí! 😃
📢 ♀ Nas rúas de #Lugo, a denunciar que as mulleres sufrimos desigualdade e discriminacións en canto ao que aos dereitos básicos se refire, así como unha situación terrible de precariedade e fenda laboral. Pora mudar isto, imos este #3M e o vindeiro #8M! #FolgaFeminista
Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/aLavHS
🔻Lembra que esta tarde Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, participa na presentación de Carlos Portomeñe como candidato para as #ElecciónsMunicipais, en #Lugo.
💜 Esta mañá estivemos nas rúas de #Lugo en apoio ao traballo da xuíza Pilar de Lara e contra as desproporcionadas medidas disciplinarias adoptadas contra ela e contra a xustiza machista. "Esquerda Unida (con varios representantes no acto) manifestou o seu rexeitamento á sanción a De Lara, que considera froito unha xustiza patriarcal, machista e retrógada", ler en: https://bit.ly/2IiPBNV

📣 "Máis do 12% da poboación galega declara ter problemas crónicos de depresión e unha procentaxe similar de ansiedade. E temos tres psicólogas/os por 100 mil habitantes: é terrible. Non se está atendendo á saúde mental", sinala a deputada Eva Solla na Comisión de #Sanidade. Máis en: https://bit.ly/2WOPzkP

👏 "O PSOE en campaña di que derrogará as reformas laborais, pero cando están no Goberno obedecen aos poderosos", di a deputada e candidata de En Común, Yolanda Díaz, na Deputación Permanente. Non perdas o vídeo en: https://bit.ly/2uUfYBT
❤️ Lembra que esta tarde ás 17 horas estaremos en #Lugo, na presentación da nosa candidatura En Común Unidas Podemos. Seguimos!
📻 Mañá a partir das 11,45 horas non perdas o debate en Radio Voz #Lugo onde participa #VanessaSomoza, sobre as nosas propostas do #28A.
🔴 En directo → https://t.co/xSVVwnYP9o (Dial: Lugo).
✊🏾‼️ A coalición Alternativa Cidadá de Esquerdas, na que se integran Esquerda Unida e Equo, presenta a súa candidatura completa para as Eleccións Municipais de #Lugo. Máis en: https://bit.ly/2GWNYDb
‼️Despois estaremos coa candidatura de ACE, en #Lugo. Vémonos 😄
☺️ Fermoso acto en #Lugo, falando da necesidade de ter un Goberno de esquerdas que defenda os nosos dereitos #ContaConNós
😃 Pola tarde estaremos en #Lugo falando sobre pensións. #ContaConNós
‼️👉 Esquerda Unida repulsa o asasinato machista de #Pastoriza #Lugo e chama a participar nas concentracións feministas en #Galicia #NiUnaMenos #Queremonosvivas
🙅‍♀️ Esta tarde participaremos nas mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista Galego en repulsa do feminicidio de #Lugo

🔉 Xa podes seguir as contas de redes sociais da Área da Muller de Esquerda Unida dende:
Twitter: https://twitter.com/AreaDaMuller
Facebook: https://www.facebook.com/areadamuller/
Instagram: https://www.instagram.com/esquerda_unida/