Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
📺 Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar na mobilización galega deste domingo en #Compostela para denunciar o desmantelamento da nosa #SanidadePública por parte do PP. Non perdas o vídeo en: https://goo.gl/BgvvcU

Luz verde á proposta de En Marea, defendida por Eva Solla en Comisión, para que a Xunta traslade a base do 061 da Estrada ao carón do novo centro de saúde en obras. “Non se entende que a ambulancia teña que perder 15 minutos en ir recoller persoal ao PAC”. Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/hTC5WB

🐾 Vanessa Angustia levou hoxe ao pleno do Senado a denuncia da promoción da tauromaquia e da caza e defendeu políticas de protección do noso medio rural: https://goo.gl/T6S6KQ

🏭 A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de esixir que se garantan os 700 postos de traballo directos e 2000 indirectos na #Coruña e #Avilés de #Alcoa #AlcoaNonSePecha. Ver en: https://goo.gl/bREKCN
🏥 Esta mañá estivemos na mobilización en defensa da nosa sanidade pública en #Compostela coa fin de rematar coa precariedade laboral e recuperar todos os servizos e centros privatizados!
📣 Non perdas todas as fotos nas nosas redes: https://goo.gl/G5uP7V
📢 💜 Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e Raquel Bernárdez, responsable da área da Muller de Esquerda Unida, presentaron en rolda de prensa en #Compostela as diferentes xornadas que se levarán a cabo cara ao #8M, Día Internacional da Muller Traballadora baixo o título: “Feminismo para mudalo todo”.

🙌 No acto presentouse tamén o documento: ‘A cuantificación da #FendaSalarial en #Galicia: canto e porqué as mulleres cobran menos que os homes’.

📺 Non perdas o vídeo dende: https://goo.gl/f46ZGG

💻 Toda a info, na nosa páxina web: https://goo.gl/WXsTCG
Esta tarde presentamos en rolda de prensa en #Compostela a candidatura #EnComún para as vindeiras Eleccións Xerais do 28 de abril.
💜 Unha proposta feminista, ecoloxista, que defende o social para ter unha vida e un futuro digno. #GaliciaEnComún
Hoxe presentamos en #Compostela unha candidatura que une os intereses de #Galicia para defendernos do ascenso da dereita e ter un futuro ilusionante! #EnComún
💜🎉 Este sábado presentamos #EnComúnUnidasPodemos en #Compostela para as eleccións do 28 de abril. Con moita ilusión e forza, lanzamos unha candidatura para poñer no centro o feminismo 🙋🏻‍♀️, os dereitos sociais ✊🏼 e a protección do noso medio 🌎#EnComún28A
✊🏽 ‼️Esta mañá estivemos con Enrique Santiago, Yolanda Díaz e Loreto Taibo en #Compostela, reunidas cos membros do Foro Galego de Inmigración e coa Rede Galega en Apoio das Persoas Refuxiadas, para falar sobre as medidas a levar a cabo en materia de dereitos fundamentais.
👉📣 Lembra que hoxe ás 17h. estaremos no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas de #Compostela para participar no debate de Adicae Galicia (Asociación de Consumidores e Usuarios) para falar das nosas propostas en materia de consumo, con Xabier Ron. Anímate!
🔻 Esquerda Unida presenta en #Compostela unha Lei para controlar e restrinxir a proliferación das casas de apostas

👉 Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, xunto a Loreto Taibo, responsable de Acción Política de Esquerda Unida, presentaron esta mañá en rolda de prensa unha proposición de lei co obxectivo de mellorar e actualizar a obsoleta Lei do Xogo en Galicia, encamiñada a restrinxir a proliferación das casas de apostas, entre outras cousas.

✍️Toda a info en: https://bit.ly/2w9VMfL
🙌 Lembra que esta tarde estaremos en #Compostela con Carlos Sánchez Mato, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino e moitas máis conversando sobre políticas municipalistas. Vémonos!
🥳 Este venres en #Compostela pechamos días intensos de campaña por todo o alto!
😎 A partir das 20.00h estades todas convidadas á Sala Sonar. Vémonos!
📢 Esta tarde en #Compostela non perdas a presentación do libro Homenaxe a Santiago Álvarez (1913-2002) con Isabel Peña-Rey, Xesús Alonso Montero e Manuel Peña-Rey. Vémonos! ☺️
📣 Durante a comparecencia do conselleiro de Sanidade sobre hospitais comarcais, a deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla, denunciou que o Goberno "nunca amosara interese no tema" e que fala diso para evitar facelo da "masiva mobilización en defensa da sanidade pública, convocada para este domingo #9F en #Compostela"

⚖️ "A loita do paridoiro foi máis alá que unha reivindicación, foi saír ás rúas por atacar á igualdade e equidade sanitaria", engadiu Solla, que lembrou que "hoxe á tarde levaremos unha moción que versará concretamente sobre equidade sanitaria".

‼️ A partir das 17h., non perdas a súa intervención.

📺 Podes ver un extracto desta mañá nas nosas redes: https://cutt.ly/NrPpTWB
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
🔻 Esquerda Unida denuncia en Bruxelas o grave deterioro que sufre a sanidade pública galega polos recortes e privatizacións da Xunta

✂️ Os eurodeputados de Unidas Podemos por Izquierda Unida, Sira Rego e Manu Pineda, denunciaron ante a Comisión Europea o grave deterioro que está a sufrir a sanidade pública de Galicia por mor dos recortes e as privatizacións impulsadas pola Xunta. Lee a nova completa en: https://bit.ly/31AkEMC

📺 Lembra que este domingo #9F, vémonos nas rúas de #Compostela, por unha sanidade pública! Así anima a participar na mobilización a nosa eurodeputada Sira Rego, non perdas os vídeos en: https://bit.ly/39fBD9t
📣 Este 20 de febreiro estaremos na Facultade de Educación para ver e falar sobre o documental da vida de Marcelino Camacho, "Lo posible y lo necesario", coas intervencións de Eva Solla, Ramón Sarmiento, Marcel Camacho e Adolfo Dufour. Únete ao evento dende: http://bit.ly/2UIQkOA

👉 Esta mañá estivemos apoiando á mobilización da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, en #Compostela, para rexeitar a creación dunha universidade privada ao tempo que ás públicas se lles nega a posibilidade de implantar novos títulos, ver en: http://bit.ly/39rRAd2

📺 Agora estamos a falar no Congreso, da man de Roser Maestro, sobre a lei da eutanasia, un dereito amplamente recoñecido e demandado pola cidadanía (e é así en máis do 80% dos casos). En directo en: http://bit.ly/3bu8TM6
‼️ Esta mañá presentamos en rolda de prensa o documental "Lo posible y lo necesario", sobre a vida de #MarcelinoCamacho.

📣 Lembra que este 20 de febreiro estaremos na Facultade de Educación (Campus Vida) #Compostela para ver e falar sobre o documental "Lo posible y lo necesario", coas intervencións de Eva Solla, Ramon Sarmiento, Marcel Camacho e Adolfo Dufour.

🙌🏾 Toda a info en: https://bit.ly/2ucjmLz
📽 Lembrade que esta tarde estamos en #Compostela a piques de ver o documental “Lo posible y lo necesario”, sobre a vida de Marcelino Camacho, na Facultade de Ciencias da Educación.
🔊 Esta mañá presentamos a coalición Galicia en Común-Anova Mareas, cun programa que bebe do traballo do Congreso e do Parlamento, con Antón Gómez-Reino, Martiño Noriega e Eva Solla, en #Compostela.
Podedes seguir desde este enlace o mitin de peche de Galicia en Común en #Compostela https://t.co/uJjENx16Uj