Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
📢 💜 Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e Raquel Bernárdez, responsable da área da Muller de Esquerda Unida, presentaron en rolda de prensa en #Compostela as diferentes xornadas que se levarán a cabo cara ao #8M, Día Internacional da Muller Traballadora baixo o título: “Feminismo para mudalo todo”.

🙌 No acto presentouse tamén o documento: ‘A cuantificación da #FendaSalarial en #Galicia: canto e porqué as mulleres cobran menos que os homes’.

📺 Non perdas o vídeo dende: https://goo.gl/f46ZGG

💻 Toda a info, na nosa páxina web: https://goo.gl/WXsTCG
👉💜 Arrancamos a mesa redonda: “Mulleres galegas en contra da #FendaSalarial”, coa nosa coordinadora Eva Solla, Carmen Adela, secretaria de Igualdade e Muller de CCOO; Isabel Montenegro, de Kellys Unión Galicia e Dolores Rey, Delegada do SAD na #Coruña, na Fundación Once. Máis, nas nosas redes: https://twitter.com/EsquerdaUnida/status/1103737253224988672?s=19
💜👉 Esquerda Unida vén de elaborar o informe: ‘A cuantificación da #FendaSalarial en #Galicia: canto e porqué as mulleres cobran menos que os homes’, que reflicte a necesidade de rematar coa fenda salarial, que lastra a emancipación das mulleres. O informe, que propón mudar a regulación do traballo parcial, intensificar a subida do SMI ou potenciar a actuación da inspección de traballo con plans específicos de control de irregularidades para combater a fraude e a precariedade, entre outras medidas, foi recollido por #LaVozdeGalicia. En: https://goo.gl/R6JNvz

📲 Tamén podes descargalo completo dende a nosa web: https://goo.gl/v3Uefo

🙅‍♀️ Fin de semana negro. Cifras insoportables. Dende Esquerda Unida condenamos os asasinatos machistas de Gloria T., en Estepona, Estrella D., nacida en Sober e veciña de Madrid e María A., de Valga. Hoxe e mañá: Todas ás rúas! Ver localizacións: https://goo.gl/tk2PUL