Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
💪 Todo o noso apoio para o persoal de #Alcoa das fábricas de #ACoruña e #Avilés Basta xa de desmantelar a nosa industria! #AlcoaNonSePecha #AlcoaNoSeCierra
‼️ Mañá venres 19 de outubro, ás 10.15 horas, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, ofrecerá unha rolda de prensa de presentación da Xornada: Encontro Programático Municipalista, na sede de Esquerda Unida en Compostela (Rúa Dublín, 8).

🏥 A coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Eva Solla, estivo esta mañá en #Vigo apoiando as reclamacións do persoal dos PACs e das ambulancias do #061EnFolga contra a precariedade que sufre o persoal sanitario. Máis, en: https://goo.gl/iNVbKx

🏭 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, esixe ao Goberno que se paralice o ERE en #Alcoa de forma inmediata #AlcoaNonSePecha #AlcoaNoSeCierra. “Dende onte, estamos en permanente contacto co persoal. Non pararemos de traballar para evitar o peche destas empresas”, di. Ver vídeo en: https://goo.gl/1SBmfF

O Goberno recoñece, á pregunta da senadora de En Marea Vanessa Angustia, a vulneración do dereito a folga de #AmazonEnLucha. Pero... vai tomar medidas? Ver en: https://goo.gl/ecbKAP
👉Nas rúas, co persoal de #Alcoa, defendendo os seus postos de traballo. O Ministerio de Industria e de Traballo ten que paralizar o #ERE. #AlcoaNonSePecha
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, participa esta tarde na marcha do persoal de Alcoa.
‼️🏭 Hoxe estaremos na marcha obreira dende a fábrica de #Alcoa ata a Delegación do Goberno. Ás 18 horas unirémonos na praza da Palloza co persoal. 400 postos de traballo en xogo na Coruña e 300 en Avilés. #AlcoaNonSePecha Imos!
Máis, dende as nosas redes: https://goo.gl/zugVJs

👷 📣 Esta tarde, en #Compostela e #Vigo, estréase ‘Lo posible y lo necesario’, o documental que narra a historia de Marcelino Camacho, da súa compañeira Josefina Samper, das súas familias e das e dos compañeiros que compartiron a xusta e comprometida loita a prol da liberdade. Fundamental filme e necesario fronte á desmemoria. #ParanonPerder
Toda a info en: https://goo.gl/fWGEzB
🏭 Esiximos o mantemento dos empregos para o persoal de #Alcoa en #Coruña e #Avilés, así como do tecido produtivo do noso país. Esta tarde, berrando máis que nunca: #AlcoaNonSePecha ✊️
📣 Esta mañá, o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez falou en rolda de prensa da importancia de estar nos barrios e parroquias para falar de urbanismo e da ordenación provisional tras a anulación do #PXOM. Xa podes seguir toda a actualidade dende a súa canle de #Telegram: https://t.me/rubenperezcorrea

🌊 Neste pleno, a vicepresidenta da Cámara e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de reclamar solucións urxentes ás graves carencias que atravesan as os servizos de urxencias dos hospitais galegos e ante as que, a pesar das mobilizacións e folgas impulsadas polo persoal sanitario, a Consellería fai ouvidos xordos. Máis información, na nosa web: https://goo.gl/K7mufp

🗞 Sabías que a metade da sociedade galega obtivo ingresos de menos de 12.000 euros brutos anuais no 2017? Ben porque o seu salario é baixo, ben porque traballaron só uns meses ou ben porque a súa pensión é baixa. Non perdas o artigo do deputado de En Marea, Manuel Lago, en: https://goo.gl/KyWVK1

📺 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, estivo esta mañá no programa Bos Días da TVG, onde falou da importancia de contar cun sector estratéxico como #Alcoa #AlcoaNonSePecha, así como garantir milleiros de postos de traballos. Ver en: https://goo.gl/5WSm5j

🇵🇸 E a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, continúa na súa viaxe solidaria ao Sáhara Occidental. Moito máis dende as nosas redes: https://goo.gl/uftCV5
📣 Mañá ás 11:30h. estaremos diante do Ministerio de Industria (Madrid) na defensa dos postos de traballo de #Alcoa e berrar que #AlcoaNonSePecha
💪 Na defensa da nosa industria, imos!
📺 Esquerda Unida súmase e fai un chamamento a participar na mobilización galega deste domingo en #Compostela para denunciar o desmantelamento da nosa #SanidadePública por parte do PP. Non perdas o vídeo en: https://goo.gl/BgvvcU

Luz verde á proposta de En Marea, defendida por Eva Solla en Comisión, para que a Xunta traslade a base do 061 da Estrada ao carón do novo centro de saúde en obras. “Non se entende que a ambulancia teña que perder 15 minutos en ir recoller persoal ao PAC”. Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/hTC5WB

🐾 Vanessa Angustia levou hoxe ao pleno do Senado a denuncia da promoción da tauromaquia e da caza e defendeu políticas de protección do noso medio rural: https://goo.gl/T6S6KQ

🏭 A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de esixir que se garantan os 700 postos de traballo directos e 2000 indirectos na #Coruña e #Avilés de #Alcoa #AlcoaNonSePecha. Ver en: https://goo.gl/bREKCN
📣 Esta tarde estaremos coa nosa coordinadora Eva Solla e moitas máis para sumarnos á marcha do persoal de #Alcoa ata a Delegación do Goberno da Coruña.
💪 Están en xogo 400 empregos industriais na Coruña e 300 en Avilés. Precisan solucións, non promesas. #AlcoaNonSePecha