Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
✊🏻 Comezamos a semana lembrando varias folgas a prol da recuperación dos nosos dereitos! Mañá, estaremos con Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta da Mesa do Parlamento, denunciando a insuficiencia de persoal e a necesaria ampliación das Urxencias do centro do #Porriño. Ver vídeo: https://goo.gl/hY6k4e

👷🏾‍♀️O éxito da primeira xornada de folga do sector do #Metal chama a unha segunda reivindicación mañá, 27 de xuño, e os días 4 e 5 de xullo ás 12h. en A Coruña, Compostela e Ferrol.

☎️🔥O persoal do #112 segue en pé de folga e sen acadar un acordo coa administración. O que comezou o pasado 15 de abril con protestas motivadas polo traslado forzoso do seu posto de traballo á Estrada, súmase agora os problemas derivados do cambio forzado e improvisado do sistema de xestión de chamadas das emerxencias en Galicia 112. #EUco112.

🌊 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, ofrece esta mañá unha rolda de prensa para presentar varias iniciativas relacionadas co proceso de absorción do Banco Popular por parte do Banco Santander.

🍀O deputado Manuel Lago escribe hoxe na Voz de Galicia sobre o paro e a precariedade como principal problema económico e social: https://goo.gl/xadgWc #QueNonNosRoubenAVida
👉🏻 Lembrade que hoxe ás 21h. estaremos con Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta da Mesa do Parlamento, denunciando a insuficiencia de persoal e a necesaria ampliación das Urxencias do centro do #Porriño. https://goo.gl/pDpNQN

👷🏼Hoxe volven as folgas do metal. Ás 12h. estaremos na concentración ante a sede da patronal, na Praza Luís Seoane (A Coruña), no aparcadoiro do campo de fútbol da Gándara (Ferrol) e na explanada da Asociación de Empresarios do Tambre, no polígono do Tambre (Compostela). A folga repetirase os días 4 e 5 de xullo.

🎥 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defende na Comisión de Economía a PNL relativa ao proceso de absorción do Banco Pastor por parte do Banco Santander. Ver en directo: https://goo.gl/MLtUPB
👏 Vimos de coñecer unha boa nova! A comisión de peticións do Parlamento Europeo respondeu favorablemente a unha proposta de Esquerda Unida #EUSonPorriño para iniciar unha investigación sobre a contaminación por lindano detectada no #Porriño. Ler en: https://goo.gl/26VuAs

👉 A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de denunciar esta mañá en rolda de prensa o grave problema de falta de persoal sanitario que vive Galicia. "Levamos anos presentando propostas, pero o Goberno non tomou ningunha medida". Máis, nas nosas redes: https://goo.gl/YvyA7D
📣 🔻 A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla; o secretario de Organización de Esquerda Unida e concelleiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez e o secretario de Organización Institucional de Podemos Galicia, Marcos Cal participan mañá mércores 27 na presentación de Pedro Ocampo como candidato para as Eleccións Municipais no Porriño. Será ás 20 horas no centro Cultural do #Porriño. https://goo.gl/FVw4eT

👉 Esquerda Unida rexeita o ERTE de Bosch que afecta a 600 persoas e esixe máis implicación dos gobernos contra as deslocalizacións e o traballo precario. Neste senso, Guillermo Crego, responsable de Estratexias para o Conflito de Esquerda Unida, aplaude a decisión destes colectivo de “recorrer a decisión da empresa tanto xuridicamente como a través dos representantes políticos no Goberno galego e no Congreso”. Ler en: https://goo.gl/cuvF4Y