Esquerda Unida
190 subscribers
1.56K photos
60 videos
22 files
1.59K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
Os incendios apáganse durante todo o ano. Con prevención, co coidado dos nosos montes. A Xunta nunca se preocupou en previr e cada verán os incendios multiplícanse pola falta de traballo e planificación o resto do ano.
‼️ A mediados de setembro comezarán as primarias de Esquerda Unida para 🗳️ escoller as 🙋🏻‍♀️ candidatas e 🙋🏻‍♂️ candidatos de cara ás municipais 2023.

🔻Ademais das afiliadas de EU, neste proceso poden participar todas as persoas que o desexen e figuren 🧾censadas como simpatizantes.

🔻Se queres participar neste proceso tes que 📝anotarte como SIMPATIZANTE antes do vindeiro mércores día 3️⃣ de agosto.

🗣️ Anótate
👇👇👇
https://militancia.izquierdaunida.org/alta_simpatizante
Reitores das tres universidades públicas de Galicia, plataformas en defensa da educación pública e mesmo o Consello Económico e Social mostráronse no seu día contrarios á creación da universidade privada, creada por Abanca e alentada polo Partido Popular.

Mentres tanto a educación universitaria pública está infrafinanciada e con recursos insuficientes.

Desde Esquerda Unida seguiremos defendendo unha universidade cento por cento pública e uns maiores medios.
23 Día Internacional Contra a ExplotaciónSexual e o Tráfico de mulleres , nenas e nenos
🔴 Enrique Santiago presenta 5 medidas urxentes de #UnidasPodemos para protexer ás familias traballadoras da crise económica:

🤝 Negociación para manter o poder adquisitivo das e os traballadores.
💵 Subida do SMI ata o 60% do salario medio.
🛡 Reverter os recortes do PP na prestación por desemprego.
🏠 Protexer aos debedores hipotecarios fronte á subida de tipos de interese.
♻️ Acordos para a eficiencia enerxética e a mobilidade sostible no emprego.

https://youtu.be/swouYf_jrpE
💫 A saúde non debería ser un privilexio.

Respondamos o sufrimento creado polas problemáticas sociais cambiando xuntas esas realidades. #DiaMundialdelaSaludMental
Este sábado 22, a militancia de Esquerda Unida xuntámonos en Santiago, para celebrar a nosa escola municipalista de cara ás eleccións de 2023.

Un espazo onde compartir experiencias comúns, avanzar nos nosos obxectivos e seguir formándonos para mellorar a vida da cidadanía.
🔻 Vivimos tempos de novas dereitas que traen debaixo do brazo vellas tempestades.

📆 O 5 e 6 de novembro organizamos unhas xornadas en Madrid para pensar formas de dar a volta a este momento reaccionario.

👀 Aínda que xa temos ás mellores relatores para pensar colectivamente, proximamente anunciaremos máis nomes para as xornadas.

✍️ Inscríbete en iunida.org/formularionov